A enquisa sobre o estado de JavaScript de 2024 estivo aberta dende o 22 de novembro ata o 12 de decembro de 2024 e recolleu 23.540 respostas. Os resultados foron publicados o 20 de decembro de 2024. A enquisa corre a cargo de Devographics, un colectivo composto por min (Sacha Greif) e Eric Burel, así como expertos invitados e colaboradores do mundo do código aberto.
O logotipo e a camiseta do Estado de JavaScript foron deseñados por Christopher Kirk-Nielsen.
Obxectivos da enquisa
Esta enquisa creouse para identificar as próximas tendencias no ecosistema de desenvolvemento web co fin de axudar aos desenvolvedores a tomar decisións tecnolóxicas.
Polo tanto, a enquisa céntrase en anticipar o que virá durante os próximos anos en lugar de analizar o que é popular agora, polo que ás veces se poden omitir funcionalidades ou tecnoloxías aínda estando actualmente xeneralizadas.
Tamén debe tomarse como unha instantánea dun subconxunto específico de desenvolvedores, e non pretende falar de todo o ecosistema.
Deseño de enquisas
A enquisa foi deseñada en parte baseándose na enquisa do ano pasado, cun período de comentarios aberto onde se discutiu o esquema da enquisa en GitHub.
Todas as preguntas da enquisa eran opcionais.
Público da enquisa
A enquisa estivo abertamente accesible na web e os entrevistados non foron filtrados nin seleccionados de ningún xeito. Os enquisados foron principalmente unha mestura de enquisados de anos anteriores (avisados a través dunha lista de correo dedicada) e tráfico de redes sociais.
Ten en conta que os frameworks, bibliotecas, etc. son libres para animar á súa audiencia a participar na enquisa e algúns deles si que aproveitaron isto mediante banners, chíos, etc. No cadro "Fontes" inclúese un desglose detallado das fontes de tráfico.
Financiamento do proxecto
O financiamento deste proxecto procede de diversas fontes:
Venda de camisetas.
Ligazóns patrocinadas: as ligazóns aos recursos recomendados na parte inferior de cada páxina son proporcionadas polos nosos socios Frontend Masters e RenderATL.
Financiamento directo: este ano, Google financiou o meu traballo na enquisa.
Calquera contribución ou patrocinio é moi apreciado. Gustaríanos traballar en estreita colaboración con máis fabricantes de navegadores, xa que desempeñan un papel central no ecosistema web.
Resumo técnico
Podes atopar unha visión técnica máis detallada de como se realizan as enquisas aquí.