Imos tomar un segundo para pensar nisto: Os frameworks de frontend que están no top 3 en 2024 foron lanzados hai unha década.
É certo que os tres evolucionaron moito ao longo deste tempo e os patróns que había en 2014 están xa anticuados hoxe en día. Pero tendo en conta a reputación do ecosistema de JavaScript no que se producen cambios continuamente, pode ser bo saber que hai cousas que permanecen constantes.
Falando de constantes, chegar máis alá do público habitual da enquisa segue a ser frustantemente dificil, a pesares dos esforzos de divulgación renovados. Isto é algo no que definitivamente hai que seguir traballando.
Mentras tanto, engadíuse un novo apéndice de metadatos que che dará máis información sobre as respostas recollidas e a propia enquisa. E non te esquezas de que tamén podes aplicar calquera desas novas variables nas gráficas usando o Query Builder.
Con todo diso, vamos entón a descubrir que estivo facendo JavaScript este ano!