Imos tomar un segundo para pensar nisto: Os frameworks de frontend que están top 3 en 2024 foron lanzados hai unha década.
É certo que os tres evolucionaron moito ao longo deste tempo e os patróns que había en 2014 están francamente anticuados hoxe en día. Pero tendo en conta a reputación do ecosistema de JavaScript no que se producen cambios constantes, pode ser bo saber que hai cousas que permanecen constantes.
Falando de constantes – chegar máis alá do público habitual da enquisa segue a ser frustantemente dificil, a pesares dos esforzos de divulgación renovados. Isto é algo no que definitivamente necesitamos seguir traballando.
Mentras tanto, tamén engadimos un novo apéndice de metadatos que che dará máis información sobre as respostas recollidas e a propia enquisa. E non te esquezas que tamén podes aplicar calquera desas novas variables nas gráficas usando o Query Builder.
Con todo diso, vamos entón a descubrir que estivo facendo JavaScript este ano!